A Asociación Interrexional VSCT incorpórase ao programa S3 da Comisión Europea

11 Mar 2024 | Noticias

A Asociación Interrexional ‘Turismo Cultural, Virtual e Intelixente’ (Virtual and Smart Cultural Tourism, VSCT) deu un paso en favor do desenvolvemento e a modernización dixital en Europa e integrouse dentro do programa S3 (Smart Specialisation Strategies) da Comisión Europea.

As Estratexias de Especialización Intelixente (S3), creadas en 2010, son unha proposta da CE para fomentar o crecemento europeo a través da investigación e a innovación. O seu fin é conseguir unha transformación económica sostible e intelixente nas diferentes rexións e animarllas a descubrir o seu potencial e as súas vantaxes competitivas.

Así, os territorios que utilicen as SE descubrirán novas oportunidades de emprendemento e iniciativas innovadoras que lles axudarán a aumentar a súa competitividade. Todo para lograr unha Europa máis sostible, intelixente e inclusiva.

Cabe destacar que a CE esixe o programa S3 a todos os países que se queiran beneficiar dos fondos FEDER, destinados á investigación e innovación para o período 2021 – 2027.

A especialización intelixente marcou unha diferenza real no xeito no que os territorios europeos desenvolveron as súas estratexias de innovación e contribuíu á cooperación entre eles.

Unha unión para o futuro

Desta forma, a Asociación VSCT incorporouse a este programa da Comisión Europea para contribuír con este crecemento. Esta agrupación fundouse no ano 2021 co obxectivo de investigar e desenvolver innovacións no campo das tecnoloxías dixitais para o patrimonio cultural dixital e o turismo cultural.

Así, a VSCT busca poñer en funcionamento solucións efectivas no ámbito da dixitalización para a creación de novas ferramentas coas que, por exemplo, promover destinos e construír experiencias inmersas de última xeración a través de mundos virtuais.

A asociación é unha cooperación de rexións entre as que se atopan Turingia (Alemaña), Galicia (España), Sajonia (Alemania), Baixa Austria, Chipre, París (Francia), Gran Amsterdam (Países Baixos) e Basilicata (Italia).

A unión ao programa S3 constitúe un paso previo á posible conformación dunha entidade xurídica interrexional con sede na Eurorrexión SOE (Galicia, Portugal, Cantabria, Castela e León e Asturias).