A Rede CRUSOE únese ao proxeto 3DBigDataSpace a través da Universidade de Vigo

4 Xuñ 2024 | Historia

A Rede CRUSOE, a través da Universidade de Vigo, contribuirá a enriquecer o proxecto 3DBigDataSpace, centrado en crear experiencias 3D e 4D no ámbito do patrimonio cultural dixital.

Os encargados de participar serán a Dra. Silvia García Méndez e o Dr. Francisco de Arriba Pérez, dous investigadores pertencentes ao centro de investigación atlanTTic da Universidade de Vigo. Son expertos na intelixencia artificial, ‘machine learning’ e no procesamento da linguaxe, cun amplo coñecemento no deseño de aplicacións móbiles.

Estes dous profesionais ocuparanse de crear un entorno de realidade aumentada que guíe aos peregrinos a través das diferentes rutas do Camiño de Santiago, que enriquecerá este traxecto cultural mundialmente coñecido.

Unha iniciativa para dixitalizar o pasado

O proxecto 3DBigDataSpace nace co obxectivo de ampliar o número de contidos en 3D de alta calidade para o patrimonio cultural mediante a súa inclusión dende diferentes provedores e agregadores.

Para iso, utiliza a intelixencia artificial para mellorar a capacidade de procura, a contextualización e reutilización personalizada de contidos, e para procesar, analizar e enriquecer os modelos.

O proxecto facilitará a empresas de patrimonio e turismo e a institucións culturais as ferramentas necesarias para facer uso destes modelos. O seu deseño irá acompañado de escenarios de proba en museos, rutas patrimoniais e camiños locais, así como de actividades educativas, para que un gran número de persoas poidan utilizar os resultados de 3DBigDataSpace e difundir a cultura.

A entidade coordinadora do proxecto é Time Machine Organisation (Australia)en colaboración con Friedrich-Schiller-Universität Jena (Alemania), In2 Digital Innovations (Alemania), Stichting Europeana (Países Bajos), Inception Srl (Italia), Fondazione Bruno Kessler (Italia), Rooom Ag (Alemania), The Hunt Museum (Irlanda), Instytut Chemii Bioorganicznej Polskiej Akademii Nauk (Polonia), Universidade de Vigo (España) e os asociados da Conferencia de Rectores das Universidades do Suroeste Europeo (España) e European Historic Houses (Bélgica).