Consegue unha bolsa para o congreso internacional “El patrimonio, una responsabilidad compartida”

27 Xuñ 2023 | Noticias, Patrimonio

A rede CRUSOE, impulsada pola Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Dixital, participará no próximo congreso internacional “El patrimonio, una responsabilidad compartida”, organizado por Hispania Nostra.

O evento, que terá lugar en Santiago de Compostela os días 9, 10 e 11 de novembro, pretende que os asistentes reflexionen sobre a importancia do patrimonio que nos rodea. Nel, participarán especialistas de todo o mundo que analizarán o papel fundamental que ten a cidadanía como usuaria do patrimonio e responsable da súa conservación.

Se estás interesado en asistir ao congreso, podes optar a unha bolsa cun valor total de 350 €, coa que podes participar de balde en todas as súas actividades. Para iso, debes ter entre 18 e 30 anos e estar matriculado para o curso 2023 – 2024 nun grao, máster ou doutoramento. Terás que inscribirte empregando esta ligazón como un asistente normal e seleccionar a opción de ‘aplicar beca’.

Tes ata o 15 de setembro para participar, o 18 dese mesmo mes sortearanse as bolsas e o día 20 anunciaranse os gañadores. Esta axuda non inclúe os gastos de transporte nin aloxamento.