Convocatoria de emprego para o proxecto europeo MetaHeritage

17 Feb 2025 | Noticias

A Rede CRUSOE abre unha vacante para un posto de traballo no marco do proxecto europeo MetaHeritage, unha iniciativa de innovación que promove o turismo patrimonial sostible e a dixitalización en Europa. Este proxecto céntrase en rexións con distintos niveis de desenvolvemento, desde áreas máis avanzadas ata zonas en transición, como Galicia, e busca integrar a innovación dixital no sector do patrimonio e do turismo.

Obxectivos do proxecto

  • Fomentar o crecemento sostible mediante a integración de innovación dixital co patrimonio cultural e o emprendemento.
  • Mellorar a colaboración interrexional entre empresas, universidades e gobernos.
  • Reducir disparidades rexionais a través de ferramentas e recursos que faciliten o acceso a redes de innovación e financiamento da UE.

Descrición do posto

O candidato seleccionado encargarase de tarefas clave como a xestión documental, análise de tendencias na dixitalización do patrimonio, redacción de informes, asesoría estratéxica e comunicación cos socios do consorcio europeo.

Requisitos

  • Título universitario, preferiblemente en áreas de ADE, Documentación, Políticas, Xeografía ou Turismo.
  • Ciclo Superior Formación Profesional (con experiencia).
  • Experiencia laboral de 5 anos (non excluínte).
  • Nivel alto de inglés (mínimo B2; desexable C1).

Condicións do contrato

  • Salario bruto de 1.700 €/mes.
  • Duración ata decembro de 2026.
  • Lugar de traballo en Santiago de Compostela ou Vigo.
  • Horario flexible e posibilidade de ata 5 viaxes internacionais.
  • Incorporación inmediata.

Proceso de selección

A selección realizarase en base ao CV, carta de presentación, referencias e entrevista persoal.

Se queres formar parte dun proxecto europeo innovador e de grande impacto, envía o teu CV Europass antes do 28 de febreiro de 2025 a gerencia@redcrusoe.com.