CRUSOE, a Xunta e NTT Data, en conversas sobre un novo Laboratorio TIC en Galicia

29 Out 2024 | Digitalización, Historia

A Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste (CRUSOE) reuniuse coa Xunta de Galicia e a multinacional xaponesa NTT Data para conversar acerca da creación dun novo Laboratorio TIC en Galicia, a través da Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Dixital.

No acto, que tivo lugar o pasado venres no Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela (USC), estiveron presentes o presidente executivo e secretario xeral de CRUSOE, Salustiano Mato; o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao; o reitor da USC, Antonio López; o director científico da Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Dixital, Juan Castro; o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo; e Alberto Borrego, Pablo Manzano, Kenichi KawashimaTomoe Nakano y Ayaka Goto, de NTT Data.

Este Laboratorio TIC exponse como unha iniciativa de innovación tecnolóxica e dixital en Galicia, deseñada para o sector turístico mediante unha colaboración público-privada entre a Xunta e outras entidades. Isto facilitaría o acceso a tecnoloxías de última xeración para a dixitalización de proxectos en distintos ámbitos, como a conservación cultural.

Galería de fotos e aparicións en medios

Xunta de Galicia

A Xunta coñece a proposta de Laboratorio TIC en Galicia da CRUSOE e a multinacional nipona NTT DATA

Diario de Santiago

Galicia se prepara para albergar un Laboratorio TIC de digitalización impulsado por CRUSOE y NTT DATA

Universidade de Santiago de Compostela

As universidades do suroeste europeo, a Xunta e NTT Data porán en marcha un Laboratorio TIC en Galicia