A Rede CRUSOE colabora no proxecto ‘European Cloud for Heritage Open Science’ (ECHOES) da Comisión Europea para a creación dun repositorio na nube para o patrimonio cultural.
Este proxecto naceu como resposta á chamada da Comisión Europea para construír un espazo de traballo dixital accesible para os profesionais e investigadores europeos.
Unha das pedras angulares de Europa é o seu patrimonio cultural, un catalizador para o desenvolvemento sostible e o benestar social que contribúe á economía do territorio, xa que representa o 40 % do turismo europeo.
Pero o patrimonio non é inmune ás ameazas. Sexa por desastres naturais ou pola acción humana, moitos monumentos e construcións foron destruídos ou danados ao longo dos anos. Por iso, unha das prioridades da Unión Europea é buscar unha forma de manter esta herdanza cultural intacta para as futuras xeracións.
Aquí é onde entra en xogo a revolución dixital, que crearon un marco ideal para acceder, estudar e salvagardar o patrimonio nun ámbito virtual facilmente accesible.
Un medio para compartir o pasado
O proxecto ECHOES responde aos desafíos actuais do ámbito do patrimonio cultural dixital actual, tales como:
- A comunidade está formada por actores que traballan de forma illada.
- Unha porción significativa das coleccións culturais europeas non está dixitalizada.
Así, ECHOES ten como obxectivo unir estas brechas a través da creación dunha nube colaborativa europea para o patrimonio. Unha plataforma compartida para profesionais e investigadores para acceder a datos, recursos e ferramentas avanzadas que faciliten o seu traballo e permita establecer sinerxías entre eles. ECHOES axudará a desenvolvedores e empresas a desenvolver rapidamente novas aplicacións para optimizar seu labor.
O proxecto quere conectar as comunidades fragmentadas deste campo nunha nova que xire ao redor do ben común. Ademais, permitirá a dixitalización do coñecemento existente dos obxectos patrimoniais e acelerará o proceso actual.
Esta transformación básase nos principios do ‘open source’ ou código aberto, de abrir a cultura e a información para o cidadán, sen barreiras de pago que impidan o seu acceso. Será ciencia aberta e gratuíta para todos.
O proxecto ECHOES conta cunha inversión de 25 millóns de euros e está conformado por 51 institucións públicas e privadas de toda Europa, coordinadas polo CNRS francés, xunto ao CNR italiano e Fraunhofer alemán, así como as fundacións de ámbito europeo EUROPEANA, Time Machine Organisation ou Michael Culture, diferentes arquivos nacionais, universidades, consellos nacionais de preservación do patrimonio e empresas do ámbito tecnolóxico vinculados á transformación dixital do Patrimonio.