Entrevista de Juan Castro a Luz Paz Agras sobre patrimonio e novas tecnoloxías

1 Ago 2024 | Noticias

Juan Castro, director científico da Cátedra Institucional en Patrimonio Cultural Dixital impulsada pola Xunta de Galicia, CRUSOE e NTT Data, entrevista a Luz Paz Agras, profesora titular na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, sobre a relación entre o patrimonio, a tradición e a historia coas novas tecnoloxías.

Paz Agras é Doutora Arquitecta pola Universidade da Coruña e Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela. Realizou unha estancia posdoctoral na Escola de Arquitectura do University College of London, cunha bolsa de posgrado da Fundación Barrié. Ademais, investigou noutros centros internacionais de Viena, Hannover, Chicago ou A Habana.

Desde o ano 2004, desenvolve traballos no ámbito da arquitectura, o urbanismo e o comisariado de exposicións, polos que recibiu recoñecementos tanto nacionais como internacionais a nivel individual e colectivo.

Iniciou o seu labor docente no ano 2009 na Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña na que é profesora titular no Departamento de Composición. É membro do Centro de Investigación Interuniversitaria das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) e forma parte do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP).

Créditos:
Fotografía e produción de Lidya Queiruga (IG: @lidyaqueiruga).
Edición e realización de Xavi Gantes (IG: @xavigantesphoto).

Logo Cátedra Insitucional de Patrimonio Cultural Digital
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.