MetaHeritage, unha iniciativa pioneira para o desenvolvemento interrexional, a innovación e o crecemento económico

17 Feb 2025 | Digitalización, Noticias

A dixitalización converteuse nunha prioridade para a UE e os seus Estados membros, especialmente nos sectores do patrimonio cultural e o turismo. Por esta razón, un consorcio europeo internacional formado por 10 socios de pleno dereito e 5 asociados puxo en marcha o proxecto MetaHeritage, unha iniciativa pioneira para crear novas redes interrexionais.

O obxectivo principal do proxecto, financiado polo Consello Europeo de Innovación e a Axencia Executiva da Pequena e Mediana Empresa (EISMEA), é o de transformar o desenvolvemento interrexional, a innovación e o crecemento económico en toda Europa. Para iso, combina tecnoloxías punteiras como o metaverso co patrimonio cultural para crear novos modelos de negocio, reforzar os ecosistemas rexionais de innovación e promover o turismo sostible.

Ademais, MetaHeritage capitaliza este impulso dado polo interese en dar prioridade á innovación dixital no patrimonio cultural e no turismo aliñándose coas novas políticas de financiamento da UE e aproveitando a rede de Centros Europeos de Innovación Dixital, creada en 2023, para axudar ás pequenas e medianas empresas a adoptar innovacións dixitais.

A base desta iniciativa son os principios da especialización intelixente, a través dos cales potencia as rexións menos desenvolvidas mediante a creación de redes interrexionais e estratexias de investimento coordinadas. A partir disto, céntrase no patrimonio, os roteiros culturais e as aplicacións metaversais, o que leva a fomentar solucións innovadoras e específicas que abordan os retos e oportunidades únicos de cada rexión.

 

Un enfoque holístico para a innovación rexional

MetaHeritage promete un enfoque completo e global para a innovación. Para iso, conectará diferentes rexións e etapas do proceso de creación de valor para lograr un resultado innovador en todas partes.

A nivel territorial, o proxecto céntrase nunha rexión menos desenvolvida (Norte de Portugal), unha rexión ultraperiférica (Azores), tres rexións en transición (Turinxia, Saxonia e Galicia) e tres rexións máis desenvolvidas (Emilia Romaña, Bruxelas e Viena).

Esta iniciativa pioneira vai permitir unha participación equitativa e intervencións adaptadas, vai promover un turismo sostible, sobre todo, nas zonas rurais e, á súa vez, vai avanzar na dixitalización e na competitividade de Europa.

Entre os obxectivos clave do proxecto destacan:

  • Promover o crecemento sostible, é dicir, integrar a innovación dixital e sostible co turismo patrimonial e co emprendemento.
  • Mellorar a colaboración rexional baseándose en conectar ás empresas, o mundo académico, as axencias gobernamentais e a sociedade civil para fomentar a colaboración interrexional e intersectorial.
  • Abordar as disparidades rexionais. Para iso, será fundamental proporcionar ferramentas e recursos para que as rexións infrarrepresentadas accedan ás redes de innovación e ás oportunidades de financiamento da UE.

MetaHeritage é o punto de unión dun amplo abanico de partes interesadas: agrupacións industriais europeas, empresas de patrimonio, organizacións de xestión de destinos, provedores dixitais, institucións de investigación, organizacións GLAM (galerías, bibliotecas, arquivos e museos), grupos da sociedade civil e administracións públicas. Con todo, é unha colaboración que garante a sólida creación de capacidades, o desenvolvemento de casos empresariais innovadores e os servizos de consultaría.

 

O futuro da innovación sostible en mans do MetaHeritage

Mediante a integración do patrimonio empresarial e cultural con tecnoloxías avanzadas, MetaHeritage busca crear un ecosistema dinámico e interrexional que fomente o crecemento sostible, a innovación e a resiliencia económica.

O proxecto proporcionará un marco que permitirá ás rexións menos desenvolvidas xerar iniciativas empresariais innovadoras, combinando roteiros patrimoniais con tecnoloxías do metaverso para ofrecer experiencias inmersivas.

O 30 de xaneiro, o consorcio do proxecto celebrará unha reunión oficial para o lanzamento desta iniciativa na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, en Vila Real (Portugal). Non se tratará dunha simple reunión, senón que haberá debates, charlas inspiradoras e actividades en equipo para sentar as bases do éxito do proxecto nos próximos dous anos.

Os socios do proxecto:

Os socios asociados:

Logo Cátedra Insitucional de Patrimonio Cultural Digital
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.