O alumnado do Máster acode a unha sesión interactiva sobre tecnoloxías dixitais aplicadas ao Patrimonio Cultural

29 Feb 2024 | Historia

Ao longo do primeiro semestre de docencia, o Máster Interuniversitario en Patrimonio Cultural Dixital desenvolveu diversas sesións prácticas e interactivas impartidas por profesionais de diferentes áreas. Unha delas, celebrada os días 14 e 15 de decembro na Facultade de Xeografía e Historia, tivo por obxecto o achegamento a tecnoloxías dixitais para a investigación e transferencia do Patrimonio Cultural.

Miguel Calvo, CEO da empresa galega Xercode, foi o encargado de impartir a sesión de virtualización, de catro horas de duración e repartida en dúas xornadas. Esta actividade permitiu ao alumnado do título profundar na perspectiva práctica que o contido patrimonial vai tomando desde o punto de vista dos novos mundos dixitais.

Así, no centro da investigación, os estudantes traballaron con tecnoloxías orientadas ao mapeo dixital e, posteriormente, ás formas de desfrute e rendibilización, desde a transferencia ata a aplicación de contidos. O seu desenvolvemento enmarcouse na materia obrigatoria do primeiro semestre ‘Tecnoloxías aplicadas ao Patrimonio’.

Tecnologías digitales aplicadas al Patrimonio Cultura

Sesión interactiva de tecnologías digitales