Xa podes consultar o libro ‘Handbook of Digital 3D Reconstruction of Historical Architecture‘, un manual sobre a reconstrución dixital 3D da arquitectura histórica.
Esta publicación é de acceso aberto, como parte da serie Synthesis Lectures on Engineers, Technology & Society, e proporciona respostas a preguntas como ‘que é un modelo dixital 3D?’ ou ‘como se crean e para que se utilizan?’.
O manual é un compendio estruturado con instrucións prácticas, coñecementos resumidos, explicacións de termos técnicos e referencias de utilidade que permiten unha introdución individual ao tema.
Ata o momento, non existía ningún vocabulario interdisciplinario para termos técnicos neste campo, polo que este libro deu o primeiro paso cara esta dirección.
A publicación está dirixida a estudantes, expertos na materia e ao público xeral interesado.
A presentación deste manual está encadrada dentro das diferentes accións vinculadas ao Programa Stellae 5.0, como o proxecto ECHOES para a creación dunha nube virtual, a participación da Universidade de Vigo no proxecto 3DBigDataSpace ou a segunda edición do Máster Interuniversitario en Patrimonio Cultural Dixital.