Quen somos

A Cátedra
A Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Dixital é unha iniciativa de CRUSOE en colaboración coa Xunta de Galicia e NTT Data, responsable da coordinación das diferentes accións e actividades do grupo de traballo de CRUSOE na área de Patrimonio. Así mesmo, a Cátedra constitúe o primeiro exemplo de colaboración interinstitucional no seu ámbito co grao de ambición, representatividade e alcance que os seus tres integrantes lle confiren.
A Cátedra Institucional constitúese baixo a premisa da imprescindible colaboración da Academia, as Administracións Públicas e o sector privado ante os retos e oportunidades actuais e futuros para o Patrimonio Cultural desde a perspectiva da transición dixital.
A Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Dixital focalízase no acervo patrimonial e cultural da eurorrexión SOE, unha referencia de ámbito mundial con varias cidades e lugares recoñecidos como Patrimonio da Humanidade pola Unesco. A iso cabe sumar a riqueza de museos, arquivos e bibliotecas, cuxos fondos e activos cunha casuística propia en canto á mencionada transición, atesouran un importante potencial de xeración de recursos vinculado aos novos modelos da economía dixital. En consecuencia, unha fonte de novos empregos de alta cualificación, vinculados ao territorio e de alcance global.
A nosa filosofía
Promotores


