Santiago acolle unha xornada centrada na aplicación da IA en Patrimonio Documental

6 Mai 2024 | Historia

Fotografía de Xavi Gantes.

 

O Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela (USC) foi o epicentro da celebración da xornada “O Patrimonio Cultural e os procesos de transformación dixital: o impacto da Intelixencia Artificial” o 29 de abril, impulsada polo programa Stellae 5.0 baixo o auspicio de CRUSOE.

O evento reuniu a líderes e expertos de diversos campos para discutir o impacto da IA na preservación e manexo do patrimonio. Está enmarcado dentro das actividades coordinadas pola Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Dixital, con sede no Centro de Investigación Interuniversitario dos Países Atlánticos Culturais (CISPAC) da USC.

O propósito da xornada foi compartir perspectivas variadas sobre como a intelixencia artificial está a transformar a xestión de arquivos e o patrimonio documental. A dixitalización converteuse nun elemento central de cambio e innovación en economía e na sociedade no seu conxunto e o patrimonio cultural non é unha excepción.

Entre as tecnoloxías de vangarda, a IA destaca como unha das máis influentes. A capacidade de automatizar procesos e mellorar a descrición e contextualización dos documentos abre novas posibilidades e desafíos que deben ser explorados e comprendidos desde diversas perspectivas.

O acto foi presidido pola secretaria xeral da USC, Dulce María García Mella, e contou coa asistencia da asesora do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública, Mar Pérez Morillo; a subdirectora xeral de Arquivos Estatais do Ministerio de Cultura, Ana Mª López; o profesor da Universidade de Vigo e CEO da start up IMPULSSE, Javier Martínez; o director do sector público e sanidade de NTT Data, Pablo Manzano; e o director científico da Cátedra de Patrimonio Cultural Dixital impulsada por CRUSOE, Juan Castro.

Ademais, sumáronse voces de diversos sectores relacionados co patrimonio cultural dixital, o turismo, as TIC e o audiovisual, así como académicos das tres universidades públicas de Galicia e responsables de arquivos destacados.

Tras as presentacións, os asistentes participaron nun animado intercambio de ideas sobre temas relevantes, como a evolución das habilidades e perfís profesionais necesarios, a sustentabilidade económica da transformación dixital do patrimonio, estratexias de difusión do acervo patrimonial e a importancia dos enfoques multidisciplinarios e colaborativos. O evento concluíu cunhas palabras do presidente executivo da Secretaría Xeral Técnica de CRUSOE, D. Salustiano Mato.

 

Vídeo de Fernando Lozano.
Logo Cátedra Insitucional de Patrimonio Cultural Digital
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.